PolíticaÚltima hora

Jesús Vázquez convoca aos voceiros para tratar o proxecto de integración da alta velocidade na cidade

Na xuntanza, o alcalde de Ourense exporá o falado co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, na reunión que mantiveron ambos os dous en Madrid o pasado 13 de decembro
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez durante a súa reunión o pasado 13 de decembro.
O ministro de Fomento, Íñigo de la Serna e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez durante a súa reunión o pasado 13 de decembro.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, vén de convocar á xunta de voceiros dos grupos políticos municipais que terá lugar na Alcaldía o próximo martes 20 de decembro, ás 11:00 horas. Previamente, no día de hoxe, o rexedor da cidade remitíulles aos voceiros un escrito para que designen aos seus respectivos representantes na Comisión Municipal de Impulso e Seguemento do Proxecto de Integración Urbana do AVE que convocará próximamente o goberno municipal.

Segundo informan fontes municipais, a orde do día da xunta de voceiros ten como primeiro punto dar conta da conversa mantida polo alcalde de Ourense co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, o pasado martes 13 de decembro en Madrid.

O alcalde, Jesús Vázquez, informará aos grupos da xuntanza mantida o martes co ministro de Fomento en Madrid en aras de “acadar o máximo consenso, baseado no diálogo, en favor dos intereses xerais da cidade”, asegurou.

O segundo punto da orde do día é a análise da situación actual do proxecto de integración do tren de alta velocidade en Ourense.

A xunta de voceiros tamén tratará un terceiro puno para abordar outros asuntos de interese da cidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button