OurenseÚltima hora

Jesús Vázquez insiste sobre a importancia da transparencia na II Asemblea de Participación Cidadá da FEMP

Jesús Vázquez.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, en calidade de presidente da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade, participou na II Asemblea da Rede de Entidades Locais pola Transparencia e a Participación Cidadá que tivo lugar na sede da Federación de Municipios e Provincias (FEMP) en Madrid.

O rexedor municipal insistiu sobre a importancia da transparencia e da participación cidadá no actual ambiente político e social “e tamén en recordar que o desenvolvemento destas actuacións é unha oportunidade para deter os procesos de desinterés e desafección polas políticas públicas”. 

O alcalde de Ourense manifestou a necesidade de “complementar a democracia representativa coa participación, co fin de enriquecer a calidade democrática das nosas cidades. Os representantes políticos temos compromiso claro con esta evolución, con esta modernización, xa que é unha demanda da propia cidadanía”. 

 

A asemblea tivo lugar na sede da FEMP.

 

Artigos relacionados

Back to top button