PolíticaÚltima hora

Jesús Vázquez volverá ser candidato do PP á alcaldía de Ourense

Será presentado como tal o sábado 15 de setembro nun acto público no Campus de Ourense
Jesús Vázquez nunha imaxe de arquivo nun acto do PP.

 

O vindeiro 15 de setembro ás 12h. terá a presentación de Jesús Vázquez como candidato a revalidar a alcaldía de Ourense. Será nos xardíns do Campus Universitario de Ourense,ao carón do antigo Hospital. Este acto, que será aberto, contará tamén coas intervencións do presidente provincial, Manuel Baltar, e do presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para respaldar ao presidente local dos populares e candidato na cidade.

O lugar escollido ten un fondo significado para Vázquez “xa que foi o Campus o nexo que me uniu para sempre a Ourense e foi neste barrio onde formei o meu fogar hai case 30 anos”, nas súas propias palabras. Ademais amosa o seu entusiasmo “por volver a presentarme como candidato á alcaldía para revalidar e fortalecer a confianza depositada en min e, sobre todo, para seguir traballando por mellorar Ourense e para seguir evolucionando coa cidade”.

Artigos relacionados

Back to top button