SanidadeÚltima hora

Joaquín Lamela, neumólogo: “A inhalación de po de sílice asociada ao tabaco aumenta o risco de cancro de pulmón”

O Clúster da Pizarra de Galicia promoveu unha xornada técnica para previr o tabaquismo no sector

 

Como afecta o tabaco aos traballadores do sector da lousa? Arredor desta cuestión xiraba a ponencia que impartía o neumólogo Joaquín Lamela López a partir das 12h. do 26 de novembro no Centro Tecnolóxico da Pizarra en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

“Se un operario dunha nave de lousa fuma, as consecuencias poden ser peores que para a maioría da poboación. A inhalación de po de sílice asociada ao tabaco aumenta o risco de cancro de pulmón máis que a suma de cada un destes factores por separado”, indicaba o doutor Lamela, que foi durante moitos anos xefe do servizo de Neumoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Durante a apertura deste acto o xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, indicaba que coa “posta en marcha desta xornada queremos poñer en valor o sentido de responsabilidade do Clúster e das empresas que o integran, e transformar a nosa preocupación pola comarca de Valdeorras e as súas zonas limítrofes en accións concretas e valiosas que preservan a saúde e benestar dos traballadores e das súas familias”.

Esta xornada está integrada nunha campaña antitabaco que está a desenvolver o Clúster para failicitar a información ao consumidor co fin de previr este hábito e de prestar colaboración directa aos fumadores que queren abandonalo. Neste marco difundiuse un cartel divultativo que se distribuíu en toda a provincia e no sur de Lugo, así como un díptico que se repartiu entre as empresas e a comarca de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close