En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Joaquín Sánchez, novo presidente da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras

Resultaba elixido na reunión celebrada pola xunta directiva desta entidade na tarde do novembro

Reactivar a actividade enoturística en Valdeorras e conseguir ampliar o número de socios. Son dous dos obxectivos que se marca o novo presidente da Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, de Alán de Val. Resultaba elixido na xuntanza que os membros da xunta directiva mantiñan na tarde do 22 de novembro no Pazo do Castro (O Barco).

Tamén se concretaban o resto de cargos do equipo directivo. Así a vicepresidencia está ocupada pola representante do Pazo do Castro, Montserrat Rodríguez; a secretaría está en mans de Araceli Fernández (Godeval), e o tesoureiro é o representante de(Pacio do Sil). A directiva completana tres vogais: os Concellos do Barco e da Rúa e o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button