Galerías de fotosÚltima hora

Jorge Álvarez Estilistas abre as portas en Viana

A perruquería, situada na rúa San Agustín, inaugurábase cun desfile de peiteados

Viana do Bolo conta cun novo servizo de perruquería. Trátase de Jorge Álvarez Estilistas, un centro de estética ubicado na rúa San Agustín que abría ás portas ao público o pasado 7 de xuño, co propio Jorge ao fronte.

Á parte de contar coa tradicional pinchada, a inauguración oficial ía moito maís aló, celebrando un orixinal desfile (con alfombra vermella incluída) de ata trece peiteados diferentes (recollidos para festa e tamén máis informais, soltos,…) no que os asistentes puderon comprobar como traballa Jorge que comeza unha nova etapa profesional na que ten postas moita ilusión e traballo.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button