CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Jorge Barredo e Sirai tocan a fin da existencia na exposición “As vidas humanas” de enBarcArte

Esta mostra, na que tamén participan outros once artistas, poderá visitarse ata o 29 de setembro no Barco

A vida no seu sentido máis amplo, dende diferentes enfoques e usando diversas técnicas, materiais e formatos é o tema central da exposición incluída na segunda edición do Festival de Instalacións Artísticas no contexto urbano do Barco, enBarcArte.

O título desta mostra, que poderá visitarse ata o 29 de setembro na sala Abanca, é “Vidas humanas” e dos trece creadores participantes nela tan só dous tocan “a outra cara da moeda: a morte… como final da vida humana”. Trátase do barquense Jorge Barredo e do madrileño Sirai, ambos con obras de gran formato.

 

Jorge Barredo xunto as súas obras na exposición “As vidas humanas”./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Mudei completamente o plantexamento e o estilo con relación á pasada edición e fixen algo que, esteticamente, chega máis á xente. Quería algo difícil, pero que á vez resultase fácil de ver, atraínte. Difícil porque a mensaxe é máis profunda do que parece, porque ti ves as obras e podes pensar que son un exercicio estético, pero posúen moita carga de profundidade xa que están falando da morte en vida, de como separarnos da vida é unha forma de morrer”, comenta o autor, que é ademais o curador e promotor de enBarcArte.

Moi preto dos seus dous cadros están os de Sirai. Son cinco obras moi potentes e que ocupan unha ampla parede. Fotografías que semellan altares á persoas falecidas. “Todo o que fai Sirai ten un porqué, na súas obras non deixa nada ao azar, todo ten un sentido no cadro. E a súa idea é recordar a cada unha desas persoas, amosar como era e que vida tivo”, explica Barredo.

 

Sirai, diante das súas obras na exposición barquense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Fotos da galería: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close