PolíticaÚltima hora

Jorge Bermello: “Somos unha formación de concepción transversal, con vocación de servizo e sen ataduras externas”

VOU preséntase ás municipais “para resolver os problemas dos cidadáns de Ourense”
Presentación en Ourense de VOU.

Con “vocación de servizo e de resolver os problemas dos cidadáns, a quenes queremos devolver o protagonismo e os cartos que aportan ás arcas municipais en forma de servizos e proxectos que senten as bases para crear riqueza para todos”. Así se presentaba, na mañá do 9 de abril Vivir Ourense, o novo partido político liderado por Jorge Bermello Arce.

Na súa comparecencia, respaldada por un numeroso grupo de simpatizantes, Bermello estivo acompañado por Ana Carrera, profesora de Historia e sindicalista; Rosa Souto, visitadora médica e empresaria; e Carlos Martiñá, profesor e psicólogo, que forman parte do núcleo duro de colaboradores. Xunto a eles, o líder de Vivir Ourense, proclamou a vocación “transversal e aberta” do partido, na que “caben todo tipo de plantexamentos”, coa única condición de que “sexan útiles e positivos para os cidadáns”. Neste sentido, afirmou que VOU “está integrado por un grupo de xente de contrastada solvencia vital e profesional, sen ataduras a grupos ou ideoloxías, dispostas a traballar polo beneficio colectivo, aportando capacidade de xestión e devolvendo a normalidade democrática e funcional á institución municipal, co consenso como obxectivo máximo nos asuntos de importancia para a cidadanía”.

O líder de Vivir Ourense fixo ademais unha declaración de intencións no caso de que obteña a responsabilidade de goberno, nas que concedeu “prioridade absoluta na atención a xoves, maiores e empresas, promovendo iniciativas e sinerxias que creen as condicións para “xerar riqueza e benestar”. Entre os compromisos que anunciou á sociedade ourensá figuran os de “aprobar en catro meses os presupostos municipais de 2019,

 

Artigos relacionados

Back to top button