ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Jorge De Álvarez presentará a súa nova colección o 8 de agosto en Viana do Bolo

O desfile de moda estará presentado por Rubén Riós e contará coas actuacións de Paulinha de Arzoá e Noelia Solleiro

Publicidade
Jorge Álvarez no anterior desfile celebrado en agosto de 2019. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

A agulla e o fío non paran nas mans de Jorge Álvarez, o modisto vianés que en menos de quince días presentará a súa nova colección, así como os deseños que foi creando ao longo deste ano. Será o vindeiro 8 de agosto, sempre que a situación sanitaria o permita, no Toural, en Viana do Bolo, nun desfile de moda presentado polo produtor e director Rubén Riós.

Comezará ás 19:30 horas e ademais de estar amenizado por Roberto Deluxe Dj, contará coas actuacións musicais de Paulinha d´Arzoá e Noelia Solleiro.

Organizado coa colaboración do Concello de Viana do Bolo e da Asociación Robreda, o espectáculo de moda no que Jorge De Álvarez amosará catro coleccións, contará con todas as medidas anti covid. “Será obrigatorio o uso de mascarilla e xel, ademais de manter a distancia de seguridade, e se a cousa se complica procederemos a cancelar o evento”, adianta o propio deseñador.

 

Cartel do evento, deseñado por Estela Barone. A modelo é Lucía Estévez Mato.

 

Artigos relacionados

Back to top button