CulturaCulturaÚltima hora

Jorge Moral, ganador da I edición, formará parte do xurado do II Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán

O comité estará presidido por Xulio Pérez Veiga, Filólogo e un gran estudoso da obra de Florencio

Jorge Moral co galardón da I edición do certame. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Proxecto As Letras de Florencio vén de facer público o xurado da II edición do Premio de Poesía Florencio Delgado Gurriarán convocado dende o Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Presidido por Xulio Pérez Veiga, profesor do colexio Pablo VI, Filólogo e un gran estudoso da obra de Florencio Delgado Gurriarán, formarán tamén parte do comité: Pilar Pallarés García, Licenciada en Filoloxía, poetisa, ensaísta e crítica literaria así como colaboradora habitual en revistas especializadas; Francisco Macías Macías, fundador de Edicións Positivas; Ramón Nicolás Rodríguez, crítico literario, profesor, tradutor e escritor galego; e Jorge Moral Vidal, gañador da edición anterior do Premio.

A directora do proxecto Débora Álvarez Moldes actuará como secretaria do mesmo.

Artigos relacionados

Back to top button