DeportesEnduroÚltima hora

Jorge Paradelo imponse no X Enduro Cidade de Tui

O piloto barquense subía ao alto do podio nesta proba da Liga Galega da Moto de Campo

 

Segue a racha positiva para o barquense Jorge Paradelo. Despois de subir ao terceiro chanzo do podio no Enduro GP de Italia (segunda proba do mundial de Enduro) na modalidade Open 4s, o piloto de Huqsvarna vencía na categoría elite e tamén na xeral, na X edición do Enduro Cidade de Tui celebrado esta pasada fin de semana.

Paradelo Rodríguez (Núñez Motor) impoñíase a Carlos Moreiras e Antonio Alfonso que eran segundo e terceiro respectivamente. Outro valdeorrés, Diego Teixeira (Rúa Motor) era oitavo.

Con esta proba disputada nos montes de Tui (Pontevedra) regresaba á competición a Liga Galega da Moto de Campo, pero Paradelo ten outras probas no seu particular calendario. A vindeira fin de semana correrá no Enduro CA Infiesto (Asturias), proba puntuable para o Campionado de España de Enduro e xa en novembro viaxará ata Portugal para disputar unha proba máis do mundial de Enduro.

A segunda foto da galería é de Yago Benítez Photography.

 

Paradelo no Enduro de Tui.

Artigos relacionados

Back to top button