DeportesEnduroÚltima hora

Jorge Paradelo sube ao podio no Enduro GP de Italia

O piloto barquense era terceiro no Open 4s nas dúas etapas e segundo na Supertest do venres

Jorge Paradelo Rodríguez co trofeo no terceiro posto do podio no Enduro GP de Italia.

 

Jorge Paradelo está en racha. Depois do cuarto posto en Open 4s na proba do Mundial de Enduro disputada en Requista (Francia), lograba subir ao podio na seguinte proba, disputada esta fin de semana en Spoleto (Italia).

O piloto barquense, a lomos da súa Husqvarna, era segundo no Supertest do sábado, repetindo o terceiro posto tanto na carreira do sábado como na domingo, e subindo así ao terceiro chanzo do podio.

Con dúas probas disputadas, Paradelo sitúase nos postos de cabeza na xeral tendo a seguinte cita do mundial do 6 ao 8 de novembro en Portugal (o Enduro GP de Alemania foi suspendido). Con todo, un mes antes, o 11 de outubro correrá en Tui para estar na mellor forma posible de cara á proba lusa.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close