OurenseÚltima hora

Jorge Pardo e Lucky Peterson pechan o Festival de Jazz do Latino

O Festival de Jazz de Primavera que organiza o Café Latino en Ourense despediu a súa edición 2016 o día 20. Os encargados de baixar o telón a este evento foron o español Jorge Pardo, que actuaba co seu cuarteto dous días antes, e o estadounidense Lucky Peterson, que levou a cabo o seu espectáculo na Praza de Santa Eufemia no único concerto de balde de todo o festival.

Foron numerosos os siareiros que seguiron este evento musical que arrincaba a principios de maio. Polas táboas do Latino pasaron algúns dos artistas máis recoñecidos tanto a nivel nacional coma internacional. Así, os ourensáns puideron deleitarse coas melodías de contrapunto interpretadas por músicos da talla de Ernie Watts, Sarah McKenzie ou Benny Green, que viñeron acompañados dos seus respectivos grupos.

Fotos: Beltrán Alonso.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close