José Ángel V. Barquero e Elena de Prada presentan os avais para concorrer ás primarias socialistas á alcaldía de Ourense

Agora ábrese un período de información á militancia (entre o 9 e o 17 de novembro) e a  xornada de votación terá lugar o domingo 18 de novembro

 

O candidato José Ángel Vázquez Barquero.

Finalizado o prazo do que dispoñían os precandidatos para a recollida e presentación de avais (como mínimo o 5 % do censo de militantes) nas eleccións primarias do PSdeG-PSOE ás alcaldías de municipios de máis de 20.0000 habitantes, só dúas persoas cumprían este trámite na cidade das Burgas: José Ángel Vázquez Barquero (con 62 avais presentados e 62 validados) e Elena Rosa de Prada Creo (con 62 avais presentados e 62 validados).

 

A candidata Elena de Prada.

Despois do correspondente procedemento de verificación, que tiña lugar nesta tare de 5 de novembro, ambos foron proclamados provisionalmente candidatos e candidatas a estas primarias en Ourense, segundo se informa dende o partido socialista.

A partir de agora ábrese un periodo de información á militancia entre o 9 e o 17 de novembro, e a xornada de votación terá lugar o domingo 18 de novembro. A votación en segunda volta, no caso de ser necesaria, sería unha semana máis tarde, o domingo 25 novembro.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies