CulturaCulturaÚltima hora

José Antonio Gurriarán presentará o seu novo libro “As mulleres do monte” no Barco

Será nun acto que está previsto para o vindeiro 21 de outubro no salón multiusos da vila
José Antonio Gurriarán durante unha das entrevistas realizadas para a preparación deste libro, neste caso con Consuelo Rodríguez./ Foto cedida por José Antonio Gurriarán.
José Antonio Gurriarán durante unha das entrevistas realizadas para a preparación deste libro, neste caso con Consuelo Rodríguez./ Foto cedida por José Antonio Gurriarán.

Dos recordos infantís en Valdeorras e do impacto que nese intre da súa vida lle causou a “loita contra o maquis, os fuxidos” xurde o novo libro do xornalista e escritor barquense José Antonio Gurriarán. Trátase de “As mulleres do monte. Lembranzas e pantasmas dun neno da posguerra”, un volume de carácter autobiográfico e histórico que vén de publicar a Editorial Galaxia neste outono.

“Despois do prólogo que me fixo Alfonso Guerrra (que como presidente da Fundación Pablo Iglesias tivo moitos contactos cos homes e mulleres do monte exiliados durante a dictadura) fago una introdución que resume os temas fundamentais e os porqués do libro”, comenta Gurriarán referíndose ás primeiras páxinas de “As mulleres do monte”.

Desta volta, Gurriarán pon o foco no papel que desempeñaban as mulleres no maquis, “fornecendo refuxio e apoio aos fuxidos. Moitas desas mulleres levaban practicamente o peso do Servizo de Información da República”, segundo a referencia que sobre o libro fai Galaxia. O libro foi traducido ao galego por Felipe-Senén López.

Portada do novo libro de José Antonio Gurriarán.
Portada do novo libro de José Antonio Gurriarán.

A obra será presentada no Barco o vindeiro 21 de outubro. O acto, que contará coa presenza do autor, terá lugar ás sete e media da tarde no salón de actos do multiusos e será organizado en colaboración coa Concellería de Cultura barquense. Nel participarán Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia; Alfredo García e Margarida Pizcueta, alcalde e concelleira de Educación e Cultura do Barco; Aurelio Blanco Trincado, presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses; Santiago Macías, fundador da Asociación para a Rercuperación da Memoria Histórica e o historiador Ricardo Gurriarán. Ademais José Antonio Gurriarán prevé facer presentacións noutros lugares próximos a Valdeorras como é o caso de Ponferrada (León).

Artigos relacionados

Back to top button