PolíticaÚltima hora

José Antonio Parente, elixido presidente das Novas Xeracións do PP en Xinzo

Esta localidade acollerá o 18 de outubro a presentación dos candidatos populares ás vindeiras eleccións locais da Xunta Electoral de Zona de Ourense–A Limia
Clausura do congreso de Novas Xeracións do PP de Xinzo de Limia.
Clausura do congreso de Novas Xeracións do PP de Xinzo de Limia.

José Antonio Parente Camino lograba o 85,71% dos votos emitidos polos compromisarios participantes no Congreso Local Extraordinario de Novas Xeracións do PP de Xinzo de Limia, que se desenvolvía na tarde do 17 de outubro na sede do partido nesta vila ourensá.

A súa candidatura era a única que se presentaba neste cónclave, que contaba coa asistencia do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, e do presidente autonómico de Novas Xeracións do PPdeG, Diego Gago Bugarín. Tras facerse público o escrutinio, o presidente electo tomaba a palabra e sinalaba que “Novas Xeracións somos as bases do PPOU e o noso máximo obxectivo ten dúas claves: traballar e sumar. A unión de todos nós é fundamental para que as palabras se convirtan en feitos. Todos somos un en NNXX de xinzo de Limia: ningún sobra e todos sumamos”.

De seguido, interviñan Diego Gago, que poñía en valor o intenso traballo desenvolvido nas filas do PPOU, sobre todo no tocante á integración dos máis novos en política, e Manuel Baltar quen Alabou a vontade de traballo expresada polo presidente local electo de NNXX en Xinzo e sinalou que “os xóvenes son a garantía de futuro do noso proxecto político. Sempre defenderemos que a frescura nas ideas son unha clave fundamental para continuar evolucionando, xa que no PPOU se conxugan á perfección a xuventude coa veteranía”.

Por outra banda, o PP de Ourense ten previsto presentar na mañá do 18 de outubro en Xinzo aos cabezas de lista ás eleccións municipais da Xunta Electoral de Zona de Ourense–A Limia.

Artigos relacionados

Back to top button