Deportes

José Antonio Requejo, bronce no Mundial de 100 km.

O atleta era recibido polo presidente da Deputación de Ourense
Bernardino González, Manuel Baltar e José Antonio Requejo.
Bernardino González, Manuel Baltar e José Antonio Requejo.

Cun tempo de 6 horas, 37 minutos e 1 segundo, o atleta burgalés José Antonio Requejo (membro do club Ben-Cho-Sey do Pereiro de Aguiar ata a pasada tempada) acadaba o 3º posto no Campionato do Mundo de 100 quilómetros desputado en Qatar.

Requejo “rodaba no tramo final entre a 5ª e a 8ª praza, pero optou por lanzarse a pola medalla e finalmente lograba unha vantaxe de máis de dous minutos sobre o cuarto clasificado. Unha marca que supón a cuarta mellor marca española de tódolos tempos” explican dende a Deputacón de Ourense que recoñecía o logro deste deportista de elite.

Así, aa tarde do 3 de novembro, o presidente Manual Baltar e o asesor de Deportes da institución provincial, Bernardino González, recibían no pazo provincial ao fondista. Trala entrevista, Baltar destacou que o deporte “reúne os principais valores do ser humano, os que nos fan crecer como personas, intelectual e físicamente: traballo, forza de vontade, superación de retos e compañeirismo, ademais das virtudes saudables que trae consigo a práctica deportiva”, “pero se estamos a falar de alta competición” engadiu o presidente “como e o caso de Antonio Requejo e da esixente proba de 100 quilómetros, temos que falar tamén dunha preparación física que esixe un gran sacrificio non só físico senón tamén mental, polo que este logro ten un dobre mérito”.

De cara ao futuro, entre os novos proxectos do deportista está a formación en Ourense “dun equipo de fondo e ultrafondo con corredores de máximo nivel” para o cal están buscando posibles espónsores. Unha iniciativa que el mesmo adiataba hai un par de meses.

Artigos relacionados

Back to top button