José Casal Cortés, natural de Pinol (Sober), vén de cumprir neste 17 de xuño 100 anos. Este centenario leva 3 anos vivindo na residencia Virxe do Carme de Sober. Hoxe recibiu a visita do seu fillo Moncho, que viaxou desde Inglaterra para pasar este día tan especial co seu pai.
O persoal da residencia organizou un acto de celebración, ao que tamén asistiu o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, que felicitaba a este veciño centenario.
O Concello de Sober conta neste momento con 14 centenarios: 10 mulleres e 4 homes.
Fotos: cedidas polo Concello de Sober.