EconomíaEconomíaÚltima hora

‘Jose el mentalista’: dos programas televisivos ‘El Hormiguero’ ou ‘Tú sí que vales’ ao Bravo Lux, na Rúa

'A calculadora humana' levará o seu espectáculo de cálculos e humor ata o local hostaleiro rues este sábado 14 de maio a partir das 21 horas

José Bono, tamén coñecido como ‘A calculadora humana’.

 

O mentalista José Bono, máis coñecido como ‘A calculadora humana’ volve ao Bravo Lux, na Rúa. Será o vindeiro sábado 14 de maio a partir das 21h. cando achegue aos asistentes o seu espectáculo de cálculos, interacción e humor.

José Bono, psicólogo e asesor de empresas, presume de formar parte do ‘Libro Guiness dos Récords’ grazas á súa habilidade para realizar cálculos á velocidade do raio e en voz alta, algo que chama a atención do público pola dificultade que entraña e o extravagante que resulta. Un auténtico Ferrari dos cálculos en cuxos espectáculos combina sumas, multiplicacións ou raíces cadradas con números de moitas cifras e un estilo disparatado e humorístico.

 

 

Ao longo dos anos colaborou en numerosos programas da televisión a nivel nacional como Crónicas Marcianas, El Hormiguero, Tú si que vales, Qué apostamos?… e tamén en numerosas televisións autonómicas como TV3 ou a TVG. Na súa intervención en Bravo Lux resolverá cunha velocidade asombrosa calquera problema relacionado cos números e convidará os asistentes a probar a súa destreza no cálculo mental. Un espectáculo moi particular que non deixa indiferente a ninguén.

As calculadoras humanas ou calculistas son persoas que desenvolven ou xa posúen de maneira natural a habilidade para efectuar operacións aritméticas tan complexas, que por si mesma non poden realizar a inmensa maioría das persoas.

Artigos relacionados

Back to top button