DeportesÚltima hora

José A. González e Marcos Rodrigues impóñense no Trail de Outono do Barco

Medio cento de corredores desputaban o Trail de Outono (curto e longo) na mañá do 29 de outubro no Barco. Os primeiros en iniciar a competición eran os participantes da distancia longa que saían ás 10:30h. dende a praia fluvial do Malecón. Nesta modalidade, cun percorrido de 22 km, dominaba José Alberto González (Todo Vertical León). O segundo clasificado era Raúl Delgado (Tres Lunas Race) e o terceiro o barquense Julián Rodríguez León.

No trail curto, de 14 km, que comezaba ás 11h. vencía o barquense Marcos Rodrigues (Adas), mentres que Paulo Jorge entraba segundo e Pablo Israel Rodríguez (Adas) era terceiro. Na categoría feminina a primeira clasificada era Grit Hagen (Adas), que corría acompañada do seu can Rayo, a segunda Rosa Diéguez e a terceira Balén Mangiarratti.

Esta proba formaba parte da XII Andaina & Trail de Outono do Barco, organizada polo Club Peña Trevinca Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos sobre esta proba:
https://osil.info/uns-130-participantes-na-xii-andaiana-de-outono-barco/

Artigos relacionados

Back to top button