DeportesÚltima hora

José Hervella, das Escolas Deportivas de Trives, prata no galego Sub10 de pc nos 1.000 ml

Ademais Aitor García era quinto en peso Sub10 e Marino Fernández oitavo en peso Sub12
José Hervella, no podio Sub10, xunto ao valdeorrés Mateo Valcarce, que foi terceiro.

Positivo saldo para os atletas das Escolas Deportivas do Concello de Trives. Na mañá do 24 de febreiro acudían ao XII Campionato de Galicia Sub10, Sub 12 e Sub 14 de pista cuberta que se celebraba nas instalacións de Expourense.

O mellor resultado viña da man de José Hervella, natural de Manzaneda, que na categoría Sub10 facíase co segundo na proba dos 1000 ml pista cunha marca de 3.30′.60”. Nesta mesma proba e categoría tamén obtiña un terceiro posto o barquense Mateo Valcarce do Adas.

Ademais Aitor García lograba un 5° posto en peso (1kl) cunha marca de 6.32. Destacaba ademais en Sub 12 Marino Fernández, que alcanzou un 8° posto en peso (2kl) cunha marca de 7.37.

Fotos cedidas.

 

Aitor García foi quinto en peso Sub10.

Artigos relacionados

Back to top button