OurenseÚltima hora

José Luis Cuerda, máis preto de ser Fillo Adoptivo da provincia de Ourense a título póstumo

A comisión de Cultura da Deputación de Ourense abordará a ratificación nas reunións de hoxe, 22 de xullo e mañá, día 23

Retrato de José Luis Cuerda. / Foto: Carlos G. Hervella.

 

As comisións informativas da Deputación de Ourense correspondentes a este mes de xuño se celebrarán hoxe, día 22, e mañá, 23, no Pazo Provincial. Durante a reunión abordarase a ratificación de outorgar ao cineasta José Luis Cuerda, a condición de Fillo Adoptivo da Provincia de Ourense a título póstumo. A deputada provincial, Patricia Torres, será designada previsiblemente como instrutora do expediente. Durante esta comisión, tamén se tratará a proposta de concesión da medalla de ouro da provincia ao lexicógrafo, Isaac Alonso Estraviz.

José Luis Cuerda, nado en 1947 en Albacete, está considerado como un dos cineastas máis importantes do século XX e principios de XXI en España. A súa filmografía deixou títulos tan recoñecidos como “A lingua das bolboretas”, adaptación dun relato de Manolo Rivas e protagonizada por Fernando Fernán Gómez; “O bosque animado” da novela do coruñés Wenceslao Fernández Flórez ou “Amence que non é pouco”. Cuerda faleceu o 4 de febreiro deste 2020 en Madrid.

Outros aspectos que se abordarán na comisión

Durante as reunións tamén se tratarán os seguintes temas: a expropiación forzosa para a execución das obras de mellora na OU-1006, no tramo entre Vilardevós e Vilarello da Cota; a adhesión da Deputación de Ourense á Rede de Entidades e a autorización ao deputado provincial, Rodríguez Villarino, para compatibilizar o seu cargo co desempeño a tempo parcial de profesor asociado na Universidade de Vigo.

Na axenda tamén está presente a modificación do acordo de liquidación de prezos públicos pola prestación de servizos e realización de actividades no Pazo dos Deportes “Paco Paz” e a celebración de campamentos de verán e fixación do prezo público en concepto de inscrición. Finalmente trataránse o informe da Conta Xeral da Deputación; do Inorde; do Consorcio provincial do servizo contra incendios e salvamento; do Consorcio de Augas de Valdeorras e a liquidación e recadación da taxa polo abastecemento de auga do concello de Rairiz de Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button
Close