Eleccións municipaisPolíticaÚltima hora

Jose Luis Rodríguez, número un polo PSdeG en Muíños

No proxecto co que se presenta ás eleccións municipais aposta pola posta en valor dos recursos autóctonos
José Luis Rodríguez Dobaño, candidato socialista á alcaldía de Muíños.
José Luis Rodríguez Dobaño, candidato socialista á alcaldía de Muíños.

“A democratización e transparencia da actividade municipal” é un dos retos principais cos que José Luís Rodríguez Dobaño se presenta como candidato á alcaldía de Muíños polo PSdeG-PSOE. Considera que o Concello ten que ser un foco de desenvolvemento “onde as persoas de Muíños se vexan representadas e apoiadas, as instalación municipais teñen que ser espazos para a comunidade desde os que se promova a cultura e a eficiencia a través de un uso adecuado”. Tamén incide en que o Concello debe implicarse “de forma activa cos servizos sociais, mellorando a calidade de vida dos maiores e dependentes das súas familias”.

Rodríguez Dobaño, de 55 anos, é natural deste municipio ourensán e mestre. Realizou a súa actividade profesional na vila como en Muiños como director de oficinas bancarias ao longo de máis de 25 anos, na actualidade está prexubilado e xunto coa agrupación socialista decidiu “dar un paso adiante para representar as inquietudes dos e das progresistas de Muiños”.

Ademais, xunto co resto da candidatura socialista, pretende apostar polo desenvolvemento económico, social e cultural do municipio de Muiños co obxectivo de frear a despoboación e fixar poboación. Cre tamén importante a posta en valor dos “recursos autóctonos, a paisaxe e o entorno natural así como a oportunidade das infraestruturas para acadar oportunidades no rural”.

Entre as medidas que se proporán para acadar estes obxectivos destacan a posta en valor dos recursos das Comunidades de Montes, transformación e aproveitamento dos recursos forestais e o fomento de un turismo ordenado, destemporalizado e que aporte dinamismo a vila. Outro dos aspectos relevantes e o apoio ó fomento de iniciativas empresariais que promovan emprego en definitiva.

Artigos relacionados

Back to top button