DeportesÚltima hora

José Manuel Fernández (ArcoBarco), campión galego en arco composto absoluto

O arqueiro valdeorrés conseguía a medalla de ouro no campionato ao aire libre celebrado en Lugo

José Manuel Fernández, no centro coa medalla de ouro conseguida en Lugo.

As instalacións deportivas do Club Lucus Augusti, en Bascuas (Lugo), acollían o sábado 13 de xullo o Campionato Galego de Aire Libre de Tiro con Arco Recurvo, Arco Composto e Arco Adaptado Cadete, Júnior, Sénior e Veterano. Un campionato autonómico que contou coa participación de arqueiros do Club Arco Barco que unha vez máis volvían para Valdeorras coa medalla de ouro conseguida por José Manuel Fernández en arco composto, proclamándose así campión galego.

Na mesma modalidade participaban Luis Rey e Santos Murias, mentres que Manolito facíao en recurvo olímpico, todos do club de tiro con arco do Barco de Valdeorras.

Artigos relacionados

Back to top button