EconomíaEconomíaÚltima hora

José María Lago, alcalde da Gudiña: “O Camiño da Ruta da Prata é o que se vai priorizar neste Xacobeo 2021”

Afirmábao hoxe durante a visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

 

Durante a visita.

 

O alcalde da Gudiña, José María Lago, explicaba hoxe, día 6 de agosto, que a visita de Alfonso Rueda ás instalacións dos servizos de emerxencias tiña como obxectivo “ver como é a primeira base dos grupos de emerxencia neste tramo Camiño de Santiago. Tamén para valorar as necesidades que ten o Concello, tanto en materia de infraestruturas como en materia de dotación de equipos para os grupos de emerxencias e para temas de incendios e protección das persoas”. “O Camiño da Ruta da Prata é o camiño que ,este ano Xacobeo 2021, se vai priorizar”, sentenciaba.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button