En portadaÚltima hora

José María Pérez presenta en Viana o libro “La fuerza de nuestros ríos”

Unhas 200 persoas asistían a este acto que se celebraba no salón de actos do IES Carlos Casares
O autor do libro, Jose Maria Pérez (á dereita da foto), coas seis persoas que o acompañaban na mesa na presentación en Viana./ Foto: Adolfo Sanz.

 

Unhas 200 persoas enchían o salón de actos do IES Carlos Casares de Viana do Bolo na tarde do 9 de xuño para asistir á presentación do libro “La fuerza de nuestros ríos. Una historia de Viana, Porto, A Veiga y la energía hidroeléctrica” (Andavira, 2018), escrito polo trivés José María Pérez López, profesor neste mesmo instituto.

Na mesa ao autor da obra estaba acompañado por seis persoas relacionadas coa obra: Rogelio Carracedo (traballador de Moncabril durante as obras dos saltos) e exalcalde de Porto (Zamora), Juan P. Lestón (que pasou 40 anos traballando na zona como responsable de presas e centrais en Saltos del Sil e Iberduero), Carlos Ferreiro (director do IES Carlos Casares), José Antonio Galván (director da “Unidad de Producción Hidráulica Noroeste de Endesa Xeración”), Ernesto Marra (responsable de Endesa na zona de Viana) e Lucila Ventoso (directora de Andavira Editora).

 

Público asistente ao acto./ Foto: José Luis Ortiz.

 

Este libro comeza cunha introdución sobre a enerxía eléctrica e hidroeléctrica para, de seguido, facer unha abordaxe histórica, socioeconómica e mesmo cultural sobre o que ten suposto para os concellos ourensáns da Veiga e Viana e para o zamorano de Porto a construción destas instalacións hidroeléctricas a mediados do pasado século, así como a súa evolución no tempo ata chegar a actualidade.

 

O trivés José María Pérez./ Fotos: Adolfo Sanz.

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close