PolíticaÚltima hora

José Octavio Rodríguez encabezará a candidatura socialista na Gudiña nas eleccións de maio

Explica que se presenta aos comicios porque “os socialistas queremos recuperar a representación municipal que perdemos nas últimas eleccións para darlle a volta as políticas involutivas”
José Octavio Rodríguez Rodríguez, candidato socialista á alcaldía da Gudiña.

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de facer público o nome da persoa que liderará a lista que este partido presentará ás vindeiras eleccións municipais na Gudiña. Será José Octavio Rodríguez Rodríguez, mestre de profesión, e que xa formou parte da Corporación municipal como concelleiro socialista hai unas lexislaturas.

Octavio Rodríguez explica que se presenta as eleccións porque “os socialistas queremos recuperar a representación municipal que perdemos nas últimas eleccións para darlle a volta as políticas involutivas nas que nos meteu o PP ao longo dos anos. Os socialistas precisamos recuperar a nosa voz na Corporación municipal”.

O candidato socialista apunta que “necesitamos unha mellora nas infraestruturas do pobo, temos a autovía o carón, pero as rúas da localidade están desfeitas. Tamén temos que incidir na mellora da rede de saneamento e resulta inconcebible que un concello sobrante de auga, careza da suficiente no verán”.

Artigos relacionados

Back to top button