PolíticaÚltima hora

José Pinto Álvarez será o candidato do PP á alcaldía de Vilamartín

Asegura que afronta este reto con dous obxectivos principais: “recuperar a alcaldía e dar un novo impulso ao partido no noso concello, aunando á xente que queira formar parte do noso proxecto”
O presidente do PP Manuel Baltar, co candidato popular á alcaldía de Vilamartín, José Pinto.

Xa se coñece o nome da persoa que liderará a lista coa que o PP se presentará ás vindeiras eleccións municipais de 2019 en Vilamartín de Valdeorras. Será José Pinto Álvarez (Fonsagrada, 1957) e faino “con dous claros obxectivos: recuperar a alcaldía e dar un novo impulso ao partido no noso concello, aunando á xente que quera formar parte do noso proxecto”, manifestou o candidato. Unha declaración de intencións que recolle á perfección, subliñou o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, “o noso concepto da política, conscientes de que os gobernos nacen dos partidos”.

O novo candidato do PP á alcaldía de Vilamartín cre prioritario “xerar as condicións necesarias para que a xente moza vexa un atractivo en Vilamartín á hora de facer un proxecto de vida, pero tamén implicalos na política local para facelos partícipes das decisión que afecten ao noso concello”.

“O PP ten sempre a mirada posta nos concellos do rural, que son os que fan territorio, por iso precisamos de xente como José Pinto, que logo de case que trinta anos de traballo fóra do seu municipio decidiu regresar a Vilamartín e loitar polos seus”, dixo o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, á hora de valorar á elección do candidato.

Artigos relacionados

Back to top button