PolíticaÚltima hora

José Rodríguez, candidato socialista á alcaldía da Mezquita

Asegura que “temos que incentivar con emprego e axudas que a xente non marche e frear o esmorecemento nas nosas aldeas”
José Rodríguez, candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía da Mezquita.

Será a súa primeira experiencia como candidato nunhas eleccións. José Rodríguez Gómez vén de ser elixido pola agrupación municipal socialista de A Mezquita como cabeza de lista nos vindeiros comicios locais.
Natural de Manzalvos, unha das aldeas deste municipio, José Rodríguez explica que se presenta “principalmente polo meu concello que está bastante abandonado e coa intención de traballar en favor dos nosos veciños. Somos un concello que estamos na esquina da provincia, lindando con Zamora e con Portugal e temos boas comunicacións tanto por estrada coa A-52 e a futura estación do AVE de A Gudiña, ademais dunha boa estrada que nos une con Portugal, recursos suficientes para potenciar o municipio e ter as
mesmas posibilidades que outros concellos”.

O novo candidato socialista resalta que “temos que conseguir tamén axudas para o campo, para agricultura e a gandaría, xa que contamos con moito gando. Perdéronse moitos pastos, hai moitos castiñeiros abandonados coa riqueza que teñen e agora hai que podalos, limpalos e preparalos se se queren arranxar e cunhas pequenas axudas faríase e xeraría emprego no concello para rapaces e empresas do municipio”.

Ademais apunta que “o problema máis grande, iso si, é a despoboación grandísima o que lle sumamos a falta de emprego e que fixo que os noso mozos e mozas tiveran que marchar do municipio en busca do futuro. Temos que incentivar con emprego e axudas que esa xente non marche e frear o esmorecemento nas nosas aldeas”.

Artigos relacionados

Back to top button