OurenseÚltima hora

José Rodríguez Carballo, Premio Ourensanía 2013

A entrega deste galardón que concede a Deputación de Ourense tivo lugar o 11 de novembro no Mosteiro de Oseira
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dende a súa raíz vital en Lodoselo (Ourense), José Rodríguez Carballo, que foi nomeado polo Papa Francisco secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, “eleva os valores da Ourensanía a unha relevante dimensión internacional”. Por iso o xurado do Premio Ourensanía vén de distinguilo con este galardón que cumpre a súa terceira edición neste ano 2013 e que busca recoñecer a aqueles ourensáns que teñen destacado nas súas facetas profesionais, sociais ou intelectuais.

Ademais o xurado salienta “a súa inxente obra teolóxica e o seu labor monacal, así como a súa defensa da identidade de noso, especialmente no ámbito da cultura e a lingua propia de Galicia”.

O Premio Ourensanía é unha figura de bronce do escultor Xosé Cid que concede a Deputación de Ourense. Frei José Rodríguez recibiuna de mans de Manuel Baltar, presidente da Deputación, e do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, nun acto previsto no mediodía do 11 de novembro no Mosteiro de Oseira.

Texto: O Sil/Redacción/ Ourense Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button