ConcellosÚltima hora

José Sánchez, veciño de Parada de Sil, festexa o seu centenario

O alcalde deste municipio, Aguilino Domínguez, entregáballe unha placa no decurso desta celebración

O alcalde de Parada de Sil entregándolle a placa a José Sánchez./ Foto cedida.

 

Parada de Sil suma un novo centenario. José Sánchez, o Sastre, vén de celebrar o seu cen aniversario e nel o alcalde deste municipio da Ribeira Sacra, Aquilino Domínguez, entregáballe unha placa.

Ten o alcume de o Sastre porque este era o seu oficio, pero ademais José era un “excelente guía de Parada de Sil. O seu agarimo e entusiasmo por divulgar o noso patrimonio e paisaxe, levouno, unha vez xubilado, a pasar moitas horas na estrada parando incluso a os coches para darlles unha explicación que lles permitise desfrutar máis de Parada, e así se lle recoñece na placa como embaixador de Parada de Sil”, destacan dende o Concello.

 

José Sánchez coa súa familia./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button