Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

José Vicente Solarat: “Aproveitaremos as sinerxias de Autoneum”

O candidato á alcaldía de RUA avogaba tamén no mitin de peche de campaña por desenvolver o turismo coa posta en valor do Camiño de Inverno

Cun mitin no Centro Cultural Avenida da Rúa pechaban a campaña electoral na tarde do 24 de maio Rueses Unidos Adiante (R.U.A.). O seu cabeza de lista, José Vicente Solarat comezaba o acto facendo un “amplo resumo dos proxectos realizados” durante a súa xestión, anos atrás, como alcalde da Rúa. “Son fotos dunha serie de obras que se convertiron en realidades polo apoio do RUA, entre elas o Parque de Bombeiros, as dúas residencias da terceira idade, a primeira fase do polígono das Pedreiras, a instalación de Autoneum e o Centro Cultural Avenida”, dicía mentres se ían proxectando.

 

Presentaba aos integrantes da súa lista e despois expoñía os principais proxectos que pretenden levar a cabo de acceder ao goberno municipal. Unha das áreas nas que quere incidir é a creación de emprego con iniciativas como o aproveitamento das sinerxias da fábrica Autoneum para “captar novas empresas”, tamén a posta en valor do Camiño de Inverno “cara o próximo Xacobeo 2021, aproveitando as vantaxes que supón que A Rúa sexa fin da etapa do Puente de Domingo Flórez”, así como a creación dunha ruta fluvial en catamarán, “importando o modelo da Ribeira Sacra” ou a “adaptación de espazo para a Escola de Hostalaría”.

 

 

Solarat tamén plantexaba actuacións para dinamizar a vila e propostas para “facer da Rúa un escaparate” como a mellora do acceso e instalacións do miradoiro do Barranco Rubio ou completar obras no entorno da praza de Fontei e adro da igrexa e praza na Rúa Vella. No acto tamén tomaban a palabra os membros da súa candidatura.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button