En portada

José Vicente Solarat, novo presidente do CRDO Valdeorras

A súa candidatura saía adiante con oito votos a favor e unha abstención

 

Membros do pleno do CRDO Valdeorras na sesión na que se elixiu ao novo presidente./ Foto: Carlos G. Hervella.
Membros do pleno do CRDO Valdeorras na sesión na que se elixiu ao novo presidente./ Foto: Carlos G. Hervella.

Nun pleno de apenas un cuarto de hora os membros do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras escollían ao seu novo presidente. Por oito votos a favor e unha abstención saía adiante na tarde do 11 de marzo a candidatura de José Vicente Solarat, que na actualidade é edil do partido independente RUA no Concello da Rúa.

Tras a súa elección, o seu nomeamento será oficial unha vez se publique no Diario Oficial de Galicia (DOG), algo que pode ser cuestión de días. Solarat vén de recibir a noticia fóra de Valdeorras e alude ao consenso na súa elección. “Iso motiva, pero ao mesmo tempo multiplica a responsabilidade”. Tamén destacaba que asumirá a presidencia da denominación de orixe coa intención de axudar a este sector “tan importante na comarca nesta etapa de transición ata as vindeiras eleccións aos consellos reguladores, que serán dentro de ano e medio, e nas que se elixirá un novo presidente”.

 

O rues José Vicente Solarat vén de ser elixido presidente do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.
O rues José Vicente Solarat vén de ser elixido presidente do CRDO Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

Tamén confesa que conta “cunha pequena vantaxe e, ao mesmo tempo, cun inconvinte: o feito de non ser do sector. Espero que pese máis a vantaxe, pero tamén teño a suficiente responsabilidade para que se nalgún momento non podo e vexo que non son a persoa idónea, dicir moitas grazas e ata aquí chegamos”. Solarat tamén apunta á importancia da calidade e da divulgación dentro da labor do consello.

Artigos relacionados

Back to top button