SanidadeÚltima hora

Josefa Rodríguez Araújo, nova subdirectora de Enfermería de Primaria da EOXI ourensá

A subdirectora de Enfermaría de Primaria da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

 

A Consellería de Sanidade vén de nomear a Josefa Rodríguez Araújo como nova subdirectora de Enfermería de Primaria da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras ocupando a praza vacante desde o mes de novembro de 2019 que foi ata ese momento ocupada por María Dolores Sánchez González.

Josefa Rodríguez terá coma grandes obxectivos “o desenvolvemento de accións englobadas no actual Plan Galego da Atención Primaria, garantindo o desenvolvemento de actuacións de promoción da saúde e prevención da enfermidade, fortalecendo a atención prestada neste nivel asistencial e garantindo a continuidade de coidados co resto de niveis asistenciais”, segundo Sanidade.

Desde o seu posto da Subdirección de Enfermaría de Primaria “impulsará o labor dos profesionais de enfermería dentro dos equipos de Atención Primaria, prestando especial atención ás liñas de traballo centradas no paciente pluripatolóxico con enfermidades crónicas dirixindo á atención enfermeira cara a un modelo proactivo, planificado e orientado cara os coidados de acordo ás necesidades da poboación ourensá”, citando á consellería.

A nova subdirectora de Enfermaría que naceu en Alemaña fai corenta e nove anos, cursou estudos de Diplomatura Universitaria na Escola de Enfermaría de Vigo completando a súa formación académica coa realización dun master en Ciencias da Enfermaría na Universidade de Alicante.

A súa experiencia profesional está moi vencellada sempre á sanidade ourensá xa que comezou o seu traballo como enfermeira no ano 1991 no Complexo Hospitalario Cristal-Piñor onde acadou o nomeamento como supervisora de área no ano 2001. Durante a súa estadía no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense participou en numerosos grupos de traballo e investigación como foron a Comisión de Protocolos de Enfermaría, a Comisión de Calidade ou o grupo de investigación en historia e pensamento enfermeiro “Ágora”, segundo informa o Sergas.

No eido da investigación formou parte activa como participante colaborador no Subproxecto Habitación Intelixente, enmarcado dentro do Proxecto Hospital 2050, e do Proxecto de Innovación “Sistema Intelixente de alertas multinivel” dentro do programa de Innovación Sanitaria Innova Saúde. Na actualidade desenvolvía o seu traballo como enfermeira no Centro de Saúde de Baños de Molgas despois dunha estadía de catro anos no Centro de Saúde de Valle Inclán da capital ourensá.

 

Artigos relacionados

Back to top button