CulturaCulturaÚltima hora

Juan Álvarez presenta a súa primeira novela na Praza do Reloxo de Trives

O autor de "La sonrisa de la huida" escollía este lugar polo arraigo familiar e apego emocional

 

O pasado sábado 8 de agosto tivo lugar a primeira presentación oficial en público da novela “La sonrisa de la huida” a cargo do seu autor Juan Álvarez López. O acto tivo lugar na Pobra de Trives, lugar escollido por Álvarez polo arraigo familiar e apego emocional que recoñece publicamente a este lugar.

Juan Álvarez López naceu en Barcelona, pero dende pequeno pasaba os veráns cos seus pais en Pena Folenche, aldea moi próxima á Pobra de Trives. Actualmente vive coa súa parella en Calzada de Calatrava, concello de Castilla-La Mancha, pero non perde voltar a Trives sempre que ten ocasión. “Para min, a Pena Folenche sempre foi e será a miña aldea”, recoñecía na presentación.

 

 

O evento, organizado polo Concello da Pobra de Trives en colaboración coa editorial Libros Indie e Hermanager Producións, congregou na Praza do Reloxo a unhas corenta persoas. Así, interviñan, ademais do autor, Cristina Paz, concelleira de Cultura, Fernanda Paz, como ‘”madriña” do autor para a ocasión, e Xosé Manuel Fernández, amigo persoal de hai moitos anos.

Juan Álvarez, visiblemente emocionado durante todo o acto, recoñeceu o seu amor polas Terras de Trives e amosou un total agradecemento aos organizadores e ao público asistente.

 

 

Ademais, ao final os presentes puideron intervir e realizar preguntas. Unha delas referíase á posibilidade de que a vindeira obra puidese ter ambientación en Trives. O autor recoñeceu que xa ten en mente algo e que si, que a idea é ambientala nestas terras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close