CulturaCulturaÚltima hora

Juan Álvarez presentará a súa primeira novela na Pobra de Trives o vindeiro sábado

Terá lugar na Praza do Reloxo a partir das 20:00 horas

Juan Álvarez López, escritor vinculado a Trives dende a súa infancia, presentará a súa primeira novela, “La sonrisa de la huida”, na Praza do Reloxo. Terá lugar o vindeiro sábado, 8 de xullo, a partir das 20:00 horas.

 

Cartel da actividade.

 

A presentación está organizada polo Concello de Trives, e colaborarán a editorial, “Libros Indie” e “Hermanager Producións”.

 

O autor, Juan Álvarez. Foto cedida.

 

O libro trata sobre un mozo de barrio chamado Iván, cuxa vida aos seus trinta anos non foi precisamente de cor de rosa. A pesar de criarse nun orfanato e nun dos barrios máis duros da súa cidade, logra saír adiante. Traballa nunha fábrica e ten estabilidade, aínda que á súa vida fáltanlle moitas cousas. A casualidade e un conxunto de factores, escólleno para que viva unha aventura na que se mesturan por igual a música co amor. Ademais de verse involucrado nunha turbulenta historia sobre o roubo dunha peza musical inédita que lle cambiará a vida.

Artigos relacionados

Back to top button