PolíticaÚltima hora

Juan Anta repite como candidato do PP á alcaldía na Veiga

Entre os seus proxectos para un novo mandato adianta iniciativas para o fomento do emprego, como obradoiros en colaboración con empresas locais ou un viveiro de empresas para emprendedores e autónomos
Baltar co candidato popular na Veiga, Juan Anta.

Por segunda vez consecutiva Juan Anta Rodríguez, actual alcalde da Veiga, liderará a lista do PP neste municipio valdeorrés nas eleccións municipais de maio. Neste mandato, subliña o candidato, “o meu equipo de goberno foi quen de executar obras nos 29 pobos do municipio e poñer a disposición da veciñanza 11 vivendas sociais, aínda que os principais esforzos centráronse na promoción económica e na ordenación do turismo”.

Para un próximo mandato, subliña Anta, “a nosa intención é seguir a desenvolver todos estes proxectos, cun segundo plan para sete vivendas sociais máis, conseguir novas zonas de pasto para os gandeiros, impulsar a marca de mel da Veiga, poñer en marcha proxectos de biomasa logo dos estudos de mercado que fixemos e, sobre todo, acondicionar todos os quilómetros de estradas do concello”. Non faltarán tampouco iniciativas para o fomento do emprego, como obradoiros en colaboración con empresas locais ou un viveiro de empresas para axudar a emprendedores e autónomos.

Para o presidente provincial, Manuel Baltar o candidato “contaxiou aos veciños un sentimento de pertenza ao territorio, dándolles un destacado papel na aportación de ideas e na posta en marcha de proxectos ambiciosos e diferentes cos que facer unha Veiga con mellor presente e máis futuro”. É dicir, “devolverle aos veciños o mellor que nos deron, a súa confianza, para seguir a revindicarse de traballar”.

 

Artigos relacionados

Back to top button