DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Juan Antonio Gude gana a XI Carreira da Feira do Viño de Quiroga

Na cita reuníanse o 3 de abril máis de 400 corredores entre as categorías adultas e menores

Co limiar das competicións nas categorías base comezaba a XI Carreira Popular da Feira do Viño de Quiroga na tarde do 3 de abril. Tanto a meta da proba como as saídas estaban situadas nas proximidades do Concello, na rúa Real. Máis dun cento de rapaces competían a partires 16:15h. nestas probas.

Xa ás cinco da tarde tiña lugar a espectacular e multitudinaria saída da carreira dos maiores, na que abría o percorrido un Ferrari. Eran máis de 200 participantes, entre os que había unha ampla representación valdeorresa. O máis rápido en completar o circuíto, de 9.000 metros, era Juan Antonio Gude Vila. Este veterán percorríao nun tempo de 00:30:51. O segundo posto conquistábao Luis Iglesias e o terceiro Iván Fernández. O valdeorrés Pablo Israel Rodríguez lograba a quinta posición.

Nas categorías femininas, o mellor resultado da proba era para Sonia Vázquez, que entraba no posto 74 da clasificación xeral. A segunda muller en cruzar a liña de meta foi Flor Lamas e logo Natalia Miño.
Algúns dos participantes acusaron o efecto das altas temperaturas durante o traxecto.

Esta carreira, enmarcada nos actos da XXXIII Feira do Viño de Quiroga e organizada pola Área de Deportes deste concello, era ademais a primeira das citas do IV Circuíto Leader Ribeira Sacra de Carreiras Populares 2015.

Texto: A.R. Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button