DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Juan Antonio Gude, vencedor da XII Carreira da Feira do Viño de Quiroga

Iván Fernández e Hugo Sánchez (ambos do Adas) eran segundo e terceiro, respectivamente

En medio dun animado ambiente e cunha gran participación se desenvolvía a XII Carreira Popular da Feira do Viño de Quiroga na tarde do 25 de marzo. Preto de 250 atletas tomaban a saída na proba de adultos, cun percorrido de 9 quilómetros e que partía diante do Concello de Quiroga, onde tamén estaba situada a meta.

O título da proba conquistábao Juan Antonio Gude Vila (Club Montepenarubia Lugo), quen completaba o circuíto en 30 minutos exactos. O resto do podium masculino quedaba en mans do club valdeorrés Adas. Así Iván Fernández entraba segundo (00:30:02), mentres que Hugo Sánchez (00:30:21) era terceiro.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button