OurenseÚltima hora

Juan Carlos Blázquez Fernández toma posesión como comisario xefe provincial do CNP

O acto tiña lugar no mediodía do 12 de marzo na Comisaría Provincial, en Ourense

A Comisaría Provincial de Ourense acollía no mediodía do 12 de marzo a toma de posesión de Juan Carlos Blázquez Fernández como comisario xefe provincial do CNP, un acto que contaba entre outros coa presenza do xefe superior da Policía Nacional en Galicia e do subdelegado do Goberno en Ourense.

Na súa intervención, Roberto Castro deu a benvida ao novo comisario xefe, en nome de Ourense “unha provincia que sucede e nela adoitan suceder os soños, e estes, caprichosos e indolentes, adoitan darse en lugares onde a xente acolle, abriga e ofrece; así é a nosa xente; así é Ourense”.

Traballo, cercanía, adicación, equipo e humildade é, segundo Castro, o desafío que ten Blázquez por diante. E para todo isto “conta cun gran equipo de profesionais dispostos a sumar e axudar; profesionais aos que trataei dnde hai tempo, aumentando a miña estima por eles, e tamén a miña admiración”, dixo, asegurando que “aí fóra nos esperan cada día os nosos concidadáns. Esperan a nosa axuda, a nosa protección, a nosa exemplaridade, o noso compromiso diario coa le. Esperan da súa Policía, en definitiva, que sexa a man amable e o brazo forte en que apoiarse”.

Para facer fronte ao novo reto, Blázquez Fernández conta tamén “coa colaboración de todas as administracións, as demais Forzas e Cuerpos de Seguridade do Estado e das Policías Locais, as asociacións cidadás, os colectivos veciñais, os sindicatos e os medios de comunicación”. Unha colaboración que, segundo o subdelegado “permitiu, ata o día de hoxe, manter a Ourense como unha das cidades e provincias máis seguras do noso país e co ratio de criminalidade máis baixa”.

Artigos relacionados

Back to top button