OurenseÚltima hora

Juan Carlos Fasero expón no Liceo de Ourense

A mostra de fotografía "Vertical" poderá verse dende o 18 de outubro ata o 3 de novembro

Unha das imaxes que poderán verse na exposición.

 

Entre o 18 de outubro e o 3 de novembro, o Liceo de Ourense acollerá unha exposición de fotografía de Juan Carlos Fasero, na que amosa unha serie de corenta imaxes que compoñen o seu último proxecto centrado na captura sistemática da vida cotiá, destacando no conxunto, a “sensibilidade e a precisión ao materializar encadres cinematográficos no ordinario ao tempo que mantén unha estética clásica e impecable”.

Na mostra, titulada Vertical, o autor (físico de formación e actualmente director de comunicación pública e rede territorial da SGAE), amosa “como o suave alento da vida cotiá, os xestos significados mantéñense no seu contexto, sendo unha paisaxe grandiosa e impoñente o que ampara o sentido vital e último”.

A inauguración está prevista para o venres 18 de octubro, ás 20.30h.

 

Cartel da mostra.

 

Artigos relacionados

Back to top button