CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Juan Corzo, o poeta de Celavente (O Bolo), cantará esta noite no programa Luar da TVG

Foi convidado para interpretar unha copla adicada ás Ermitas
Juan Corzo lendo a copla de San Blas, en Celavente (O Bolo)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A Juan Corzo Álvarez (natural de Celavente, O Bolo) sóbralle creatividade literaria, contando entre as súas obras centos de coplas e poemas adicadas aos lugares, persoas, santos e acontecementos que lle son queridos.

Ten escrito sobre a súa terra, Celavente,  sobre os pobos da contorna entre eles Barxa, e por suposto sobre as Ermitas. E este último lugar é o protagonista da copla que Juan cantará esta noite en Luar, na Televisión de Galicia.

Convidado polo programa que presenta Gayoso, o propio Corzo adianta que actuará “sobre as doce da noite” convidando a todo aquel que poida e queira, a velo cantar en televisión.

 

Artigos relacionados

Back to top button