ConcellosPetínÚltima hora

Juan José Rodríguez expón o seu Belén na Casa da Cultura de Petín

Poderá visitarse as fins de semana de 17 a 21 horas durante as festas de Nadal

Publicidade

 

Dende o 6 de decembro e ata despois das festas de Nadal, despois de Reis aproximadamente, a Casa da Cultura de Petín acolle un Nacemento de grandes dimensións. Trátase do Belén elaborado por Juan José Rodríguez, máis coñecido como “Chavito”, un gran afeccionado aos nacementos que elabora o seu con todo luxo de detalles.

 

 

Na zona alta está o castelo de Herodes e xunto a el as casas hebreas, mentres que a parte baixa queda reservada para o deserto coas palmeiras, as tendas de campaña e mesmo as alfombras cos seus flocos, un detalle que chama moito a atención á alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, que está encantada de contar con este belén no seu concello. “Xa o ano pasado o ía traer pero con todo o do Covid, quedou a cousa así ata este ano”, di Raquel.

 

 

Na estampa navideña tampouco faltan as tendas típicas con froita, embutidos, allos, aceitunas,… mesmo hai paxaros que parecen estar voando… E na zona do río tampouco falta o pescador, entre outros moitos detalles dignos de ver.

O nacemento poderá visitarse as fins de semana de 17 a 21 horas aproximadamente, completándose o ambiente navideño en Petín coa iluminación polas rúas, destacando a árbore de luz na praza

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button