EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Juan Manuel Casares, novo presidente do CRDO Ribeiro

O pleno deste organismo vitivinícola era o primeiro en constituírse na provincia tras as elección do 9 de xullo
Juan Manuel Casares, novo presidente do CRDO Ribeiro.

Coa toma de posesión dos vogais electos e proclamados pola xunta electoral, daba comezo a sesión constitutiva do pleno do Consello Regualador da Denominación de Orixe Ribeiro, celebrado na tarde do 20 de xullo. O pleno estivo presidido por Belén do Campo Piñeiro, directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, actuando como secretaria a xerente deste consello regulador, Cristina Alcalá.

Era a propia directora xeral quen facía entrega das credenciais aos vogais electos Wenceslao Labrador, Carlos Basalo e Daniel González do sector produtor censo A, José Manuel Martínez Juste en representación de Bodegas y Viñedos Pazo de Casanova (sector industrial B1), Ana Méndez e Antonio Muñoz de Bodegas Campante e Bodega Alanís, respectivamente (sector industrial B2), Andrés Rodríguez (representante de Viña Costeira), José Mª Casas e Concepción Iglesias do sector Cooperativo censo C e Brais Iglesias como representante de Bodegas Val de Souto (sector colleiteiro censo D).

De seguido, sometíanse a votación as candidaturas de Juan Manuel Casares Gándara e Concepción Iglesias Pousa como presidente e vicepresidente do C.R.D.O. Ribeiro respectivamente. Casares, director da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), vén de ser nomeado presidente ao obter maioría absoluta na votación, mentres que Concepción Iglesias ocupará de novo a vicepresidencia.

“Ábrese unha nova etapa na D.O. Ribeiro”, sinalaba a xerente do consello, Cristina Alcalá, “gustaríame agradecer ao noso anterior presidente Felicísimo Pereira o gran traballo desempeñado, e amosar a miña total confianza no labor que levará a cabo a partir de agora Juan Manuel Casares”.

O Ribeiro ten sido a primeira D.O. vitivinícola da provincia en constituír o seu consello regulador.

Artigos relacionados

Back to top button