SanidadeÚltima hora

Juan Pérez vacínase xusto un ano despois de ingresar por Covid no hospital valdeorrés

Ademais este veciño de Castiñeiro (San Xoán de Río) de 85 anos será protagonista o vindeiro venres do novo capítulo da serie "Arrieiros somos"

Juan Pérez Alonso no día no que recibía a vacina.

 

Hai aproximadamente un ano, Juan Pérez Alonso contaxiábase de Covid-19. Este veciño de Castiñeiro (San Xoán de Río) ingresaba no Hospital Público de Valdeorras e lograba superar a enfermidade. Agora, a punto de cumprirse o primeiro aniversario do seu ingreso hospitalario, vén de recibir a vacina fronte a este virus no Centro de Saúde da Pobra Trives.

Ademais, o vindeiro venres Juan Pérez será o protagonista do novo capítulo da serie “Arrieiros Somos” de Rubén Ríos, que pode verse ás 21h na canle de You tube de Orgullo Galego. Nesta peza, rodada en xaneiro no municipio de Río, conta, con moito humor, a súa interesante experiencia vital.

De feito, Juan explica na serie como foi unha das primeiras persoas en superar o coronavirus e que dende entón séntese como un rapaz de 18 anos.

Este capítulo, que conta co apoio do Concello de San Xoán de Río, está dedicado “á nosa xente maior. A esas persoas incansable e incombustibles que desprenden vida”, segundo os promotores desta serie-documental.

Avance do capítulo:
https://www.facebook.com/concellosanxoanderio/videos/925699078234017

Artigos relacionados

Back to top button