DeportesFútbolÚltima horaVerín CF

Juanjo Vilachá: “A nosa ambición vai ser máxima”

O Verín CF presenta ao novo corpo técnico do conxunto verinés para a tempada 2021/2022

 

“O obxectivo é apostar polo máximo. Despois poden saír cousas mal por eses pequenos problemas que poden xurdir na tempada pero, tanto por parte da directiva como pola nosa a ambición vai ser máxima”. Así de rotundo se amosaba Juanjo Vilachá, o novo adestrador do Verín CF na tarde deste luns 2 agosto. Era o día elixido pola directiva do club verinés (inmerso na celebración do 50 aniversario) para presentar ao novo corpo técnico para a tempada 2021/2022 con Vilachá á cabeza, Leonardo como segundo adestrador, Juan Carlos como adestrador de porteiros, e David como preparador físico.

 

Juanjo Vilachá (no centro) encabeza o noco corpo técnico do Verín CF.

 

O novo técnico do Verín conta cunha dilatada experiencia na Preferente (vén de ascender a Terceira División co Arnoia e tamén adestrou ao Barbadás) e na presentación realizada na sala de prensa do propio campo José Arjiz ,e á que tamén asistísan os novos xogadores, explicou que xa dende o principio se puxeron a traballar con fichaxes e demais. “Gustaríame darlle as grazas aos xogadores por aceptar a oferta para vir”, dixo, adiantando que o 16 de agosto comezarán a pretempada, tendo previsto adestrar uns días en Ourense e outros en Verín “porque a maioría da xente estuda o traballa alí”, asegurou recoñecendo que os xogadores tamén teñen claro que non van a pasar o trámite dunha tempada máis. “Do que se trata é sobre todo de competir e intentar estar o máis arriba posible, e aída que o ascenso é complicado de xestionar sempre, hai que optar a elo ao cen por cen”.

 

Directivos do Verín, José Manuel Zubiela e Juan Carlos Farncisco.

 

Pola súa banda, o directivo do Verín Juan Carlos Francisco, coordinador das actividades do 50 aniversario, adiantou que proximamente avanzarán as fichaxes, novas e o plannig de amigables e adestramentos, “a expensas de que saibamos cando comezará a liga e como se vai desenvolver xa que a día de hoxe nin sequera sabemos cantos grupos haberá”.

Con respecto aos actos que quedan pendentes, está o amigable contra o Pontevedra CF de segunda B “un equipo histórico galego polo que nos seduce que esté aquí”, en palabras de Juan Carlos, co que previsiblemente xogarán o 28 de agosto.

 

Sala de trofeos do Verín CF.

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button