SanidadeÚltima hora

Julio García, novo xerente da EOXI ourensá

Vén de substituír no cargo a Dionisio López Bellido
Julio García Comesaña, novo xerente da EOXI.

O Sergas vén de facer público o nomeamento de Julio García Comesaña como novo xerente na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, en substitución de Dionisio López Bellido.

Neste relevo, o Sergas “intensifica a súa aposta pola innovación na xestión, e pola EOXI de Ourense como un dos principais polos de referencia para a investigación sanitaria no desenvolvemento de proxectos de I+D+i”, segundo se indica dende esta entidade. García Comesaña, que ata o de agora desempeñaba o posto de director de Recursos Asistenciais na EOXI de Vigo, conta cunha ampla traxectoria profesional na que ten participado en distintos proxectos de innovación xa implantados no Sergas.

Julio García Comesaña é licenciado en Ciencias Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciado sanitario especialista en Radiofísica Hospitalaria. Máster en Administración sanitaria ten desempeñado distintos cargos de responsabilidade no Sergas desde os que participou en distintos proxectos asistenciais de marcado carácter tecnolóxico e innovador dentro dos programas de Innovasaude e Hospital 2050. Desde a dirección do Complexo Hospitalario de Vigo participou na reordenación da área sanitaria de Vigo que se desenvolveu nos últimos anos.

Artigos relacionados

Back to top button