ConcellosO BarcoÚltima hora

Julio Pérez asume a presidencia de ASFAVAL

Amelia Blanco deixa o cargo despois de case nove anos á fronte da Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras

 

Levaba tempo dicindo que quería deixar o cargo, que necesitaba descansar tras case nove anos no cargo, pero non era ata hoxe, cando Amelia Blanco Delgado deixaba oficialmente a presidencia de ASFAVAL, a Asociación de Familiares de Persoas con Discapacidade Intelectual de Valdeorras que dirixia dende o ano 2013.

Facíao na asemblea celebrada na tarde deste xoves 14 de outubro no propio centro de ASFAVAL coa elección da nova xunta directiva (da que seguirá formando parte), como único punto da orde do día.

O acto comezaba coa despedida pública dos usuarios do centro, que entregaban a Amelia varios agasallos, entre os que destacaba un mural elaborado por todos, e de seguido era a propia Amelia a que lia unha carta de despedida. Visiblemente emocionada tras case unha década loitando en primeira liña pola asociación, Blanco Delgado foi enumerando un a un (aínda que pedíu perdón de antemán por se lle faltaba alguén) a todos os colectivos, asociacións, institucións e persoas individuais que os teñen axudado de forma case incondicional dende a súa fundación no ano 1995. Dende os membros da directiva que a acompañaron (con especial lembranza para os que xa non están) loitando por este colectivo que tanto o necesita, socios destacados como Carmen Crespo ou Aurelio Blanco Trincado) ata os profesionais que aquí traballan, destacando o labor da psicóloga “un piar indispensable”, pasando polos proveedores (Ayasa, Mercadona, Iberdrola, Sergal, xente anónima,…), institucións (alcaldes, presidente da Deputación, conselleiros,…), ou asociacións da comarca, entre outros ,que dalgún xeito os axudaron,

 

Julio Pérez Franco, novo presidente de ASFAVAL.

 

Ao longo destes case nove anos, a asociación medrou moito, pasando dos 11 usuarios que había no 2013, aos 27 que hai agora cos tres servizos abertos (centro de día, centro cupacional e centro residencial) con máis de 22 profesionais, polo que Amelia asegurou que é tempo de baixar o listón e delegar, deixando o cargo satisfeita. “Sempre se pode facer máis pero unha retirada a tempo é unha vitoria”, dixo insistindo en que as familias “somos fundamentais para que isto funcione aínda que teñamos as nosas diferencias” e recoñecendo que nestes nove anos como presidenta pero tamén nos outros 16, xa que é unha das socias fundadoras, pasou moitos momentos “de felicidade, tristeza, emoción e sobre todo aprendizaxe”, pechando hoxe unha etapa aínda que o seu compromiso con ASFAVAL continúa “especialmente coas persoas que teñen discapacidade intelectual, polos seus dereitos, oportunidades e integración”, recoñecendo que para eles foron especialmente duros os tres meses que pasaron practicamente encerrados por mor da pandemia.

Trala despedida chegaba o momento da votación, na que non houbo sorpresa xa que unicamente había unha directiva candidata, formada por Pedro González Prieto, Amelia Blanco Delgado, Anita Margaretha Quarré, Julián Couso Murias e presidida por Julio Pérez Franco que asume dende hoxe a presidencia, con retos por diante como conseguir polo menos cinco prazas para a residencia (teñen o traslado de cinco usuarios a lugares máis cerca da súa casa e con 10 non se pode manter, e tres para o centro de día.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button