DeportesÚltima hora

Karatekas valdeorreses no campionato galego cadete, júnior e sub 21

A competición celebrarase o 23 de outubro en Ferrol para as modalidade de kata e kumite
Cartaz do campionato galego de karate.
Cartaz do campionato galego de karate.

O pavillón municipal de A Malata (Ferrol) acollerá o vindeiro domingo 23 de outubro, o campionato galego de karate para as categorías cadete, júnior e sub 21 (masculino e feminino) nas modalidades de kata e kumite. Unha competición que contará cunha alta participación valdeorresa.

Por parte do Karate Club O Barco asistirán varios deportistas. Na categoría cadete irán Lucía Herrero Valcarce, en kata (formas técnicas) e kumite (combate); e Iago Fernández Prada, en kumite. Con respecto á categoría júnior aistirán Juan Herrero Valcarce, en kata e kumite (Combate); e Marcos Fernández González e Pedro Cea Mesillas, en kumite.

Por parte do Karate Club Rúa competirá un único karateka: o cadete Alejandro Murias Tarazaga, en kata e kumite.

E por parte do River Stone do Barco, en cadete participarán Aida de Pedro López, Daniel Rodríguez Bertuce e Nicolás Vega Voces; e en júnior, Lidia de Pedro López e Jorge Amigo Nieto.

Artigos relacionados

Back to top button