ConcellosÚltima hora

Kepa Junkera toca a trikitixa no interior do Castiñeiro de Pombariños (Manzaneda)

Ademais de quedarse fascinado pola forza e engado do Entroido do oriente ourensán, Kepa Junkera remataba a rodaxe do seu documental sobre esta tradición de inverno sorprendido polo entorno natural desta zona da provincia.

 

Xunto ao grandioso Castiñeiro de Pombariños, en Manzaneda, tocaba a trikitixa (acordeón vasco) xunto a unha Mázcara, pero tamén, de xeito espontáneo decidíase a entrar no interior do tronco baleiro da árbore e tocar. Primeiro probaba coa alboka, un instrumento de vento tradicional vasco, que “parece case hipnótico” e comentaba que este lugar dáballe unha sonoridade moi especial, “case que logras conectar coa árbore, coa natureza”. E, logo, tocaba a trikitixa nese mesmo lugar.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button